Durante o curso 2011/2012, levei a titoría de 1º de primaria no CEIP da Laxe en Marín. Durante meses fixemos un traballo especial sobre Xosé Manuel González, coñecido como Oli, o
escritor que daba nome a nosa aula.Gustaríame compartir con vós os libros que traballamos e o que fixemos ao redor deles.
Durante meses investigamos sobre este escritor galego e vimos os libros que escribiu, pero centrámonos en tres. Limos estes libros e preparamos un mural e moitas actividades especiais que presentamos no cole o día das letras galegas, e que fixemos para o propio Oli nunha visita que fixo a nosa aula.
Foi moi motivador para os nenos ler as historias de Oli e preparar cousas especiais para a súa visita. Gracias a Oli por compartir esa mañá con nós, foi xenial escoitalo contar contos, e enterarnos de cousas curiosas e pequenos segredos das súas historias.
| Este foi o mural que montamos para recompilar o traballo feito ao redor dos libros de Oli. |

No hay comentarios:
Publicar un comentario