miércoles, 13 de marzo de 2013

ARTUR

Artur é o título deste conto escrito por Oli e ilustrado por Marc Taeger.
Este pequeno libro conta os pensamentos e inquietudes dun poliño que está dentro do ovo  e sae por primeira vez fora.

En palabras de Oli, este conto fala sobre “a fraxilidade dos primeiros pasos na vida e o encontro cun mundo inesperado”.

Todos os nenos debuxaron a Artur e no mural montamos un pequeno xogo onde había que localizar o auténtico Artur (que fixemos calcando un debuxo) entre os seus debuxos. Cada vez que un profe ou alguén pasaba pola aula pedíanlle que o buscase, pero o mais divertido foi cando o fixo Oli. 


Un pracer que o propio Oli nos contase a historia de Artur. Foi emocionante e xenial ver as caras dos nenos, con pena e preocupación vendo a Artur so e asustado e a alegría de ver un final feliz.

Gracias de novo pola súa inesquecible visita.


Esperamos que desfrutedes con este video do pitu Artur.

1 comentario:

  1. Que traballo precioso e maís aínda se cabe pensando na futura visita ao centro do seu autor como foi o caso. Gracias por dar a coñecer tantas e tantas ideas Ana!

    ResponderEliminar